A mostra “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” chega ao CEIP Campolongo de Pontevedra

O vestíbulo do CEIP Campolongo de Pontevedra acolle desde hoxe mércores ata o 18 deste mes de maio a exposición "Achegas dás mulleres á sustentabilidade do mar", promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño.

03/05/2023

A deputada provincial Noemí Outeda visitou hoxe esta mostra, composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto de Investigacións Mariñas (IMM-CSIC), Aida Fernández Ríos. Durante a xornada, a profesora María Mercedes Álvarez Lires ofreceu unha charla para explicar ás e aos escolares de xeito máis pormenorizado este proxecto.

Galerias de imaxes