SmartPeme imparte esta próxima semana tres novos obradoiros online

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Woocommerce, como mellorar o footer dunha web ou a promoción en Google My Business

27/03/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre Woocommerce e Google My Business e nelas que tamén se darán as claves para mellorar o footer das webs.

As actividades comezarán o martes 29 cun obradoiro titulado “Woocommerce: a solución que buscabas para vender por Internet I”. Nel María Aller, máster en márketing dixital, falará sobre esta sinxela e intuitiva ferramenta que permite montar unha tenda online cun catálogo non moi amplo.

O mércores 30 Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá un obradoiro que leva por título “Como mellorar o footer da túa web” no que ensinará a sacar partido a esta sección dun sitio web con consellos para a súa optimización.

Os talleres de marzo rematarán o xoves 31 cun obradoiro titulado “Promociona o teu negocio con Google My Business” no que Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona, dará a coñecer esta ferramenta de Google enfocada a negocios locais que buscan unha maior visibilidade. Google My Business está pensada para facilitar o aproveitamento por parte dos pequenos comercios das posibilidades da xeolocalización e das procuras que a súa potencial clientela poida facer no buscador Google.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 12 resultados.