null OTAC - Adecuación dos portais web

Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Adecuación dos portais web

$

Servizo destinado ao deseño, á renovación e ao mantemento dos portais web municipais. Inclúese a adaptación técnica necesaria para garantir que estes cumpran coas normativas vixentes en accesibilidade, transparencia e protección de datos e promovan unha xestión sinxela e autónoma dos contidos. 

Beneficios

  • Facilitar unha comunicación clara, eficaz e accesible.
  • Fortalecer a imaxe institucional cunha presenza dixital moderna, útil e atractiva.
  • Incrementar a autonomía do persoal municipal na xestión diaria do portal.

Obxectivos

  • Dispoñer de portais web adaptados, modernos e operativos.
  • Garantir a accesibilidade universal e a transparencia na publicación.
  • Mellorar a seguridade e o rendemento dos portais web.

Modelo de prestación

Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.

Apoio proporcionado

  • Deseño e posta en marcha da infraestrutura tecnolóxica.
  • Implementación técnica completa, na que se inclúen a configuración inicial, a migración de contidos existentes e a posta en produción do novo portal.
  • Formación específica do persoal municipal en xestión e actualización autónoma do portal.
  • Soporte técnico continuo con monitorización activa, actualizacións periódicas e atención directa en caso de incidencias.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.