null OTAC - Control horario

Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Control horario

$

Servizo integral destinado ao control horario e seguimento da xornada laboral do persoal empregado público municipal. Inclúe sistemas dixitais avanzados para o rexistro horario adaptados ás esixencias legais e normativas vixentes.

Beneficios

  • Reforzar o cumprimento da lexislación vixente.
  • Mellorar a transparencia e eficiencia na xestión do persoal.
  • Reducir os erros manuais mediante a automatización.
  • Facilitar unha xestión máis áxil e precisa do tempo.

Obxectivos

  • Acadar un sistema dixital eficiente para o rexistro horario.
  • Mellorar a eficiencia administrativa.
  • Obter datos precisos en tempo real sobre a xornada laboral.

Modelo de prestación

Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.

Apoio proporcionado

  • Análise inicial de necesidades específicas e diagnóstico técnico.
  • Instalación, configuración inicial e posta en marcha do sistema tecnolóxico para o control horario.
  • Formación específica dirixida ao persoal administrativo e ás persoas usuarias do sistema.
  • Soporte técnico continuo con asistencia presencial e remota para a resolución de incidencias.
  • Monitorización do sistema e axustes técnicos segundo as necesidades.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.