null OTAC - Estandarización do posto de traballo dixital

Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Estandarización do posto de traballo dixital

$

Servizo orientado a implantar e xestionar escritorios remotos, como solución estandarizada para os postos de traballo municipais, que faciliten o acceso seguro e sinxelo ás aplicacións e aos recursos do concello desde calquera localización e aseguren a homoxeneidade tecnolóxica.

Beneficios

  • Impulsar a mobilidade total e o acceso seguro ao contorno de traballo desde calquera localización.
  • Reforzar a seguridade e protección da información.
  • Facilitar a incorporación rápida de persoas usuarias e simplificar a xestión tecnolóxica municipal.

Obxectivos

  • Garantir a accesibilidade, a seguridade e a continuidade operativa.
  • Reducir a dependencia de hardware específico.
  • Facilitar a xestión centralizada, simplificada e eficiente dos recursos.

Modelo de prestación

Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.

Apoio proporcionado

  • Análise técnica inicial para avaliar necesidades e adecuación tecnolóxica.
  • Configuración, implantación e posta en marcha do contorno de escritorios remotos.
  • Formación específica ao persoal municipal sobre o uso da ferramenta.
  • Soporte técnico integral, monitorización continua e mantemento preventivo e correctivo.
  • Axustes periódicos segundo a evolución tecnolóxica e necesidades específicas.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.