Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA
Estratexia de IA e casos de uso
Servizo de apoio para a definición dunha estratexia de intelixencia artificial aplicada á Administración pública local e a posta en marcha progresiva de casos de uso de IA, garantindo un uso ético, seguro e orientado á mellora dos servizos públicos.
Beneficios
- Mellorar a eficiencia e calidade dos servizos públicos.
- Automatizar tarefas administrativas e de atención.
- Impulsar a innovación nos servizos ofrecidos á cidadanía.
- Reforzar a transparencia e rendición de contas.
Obxectivos
- Definir unha estratexia de IA adecuada aos concellos.
- Definir un marco ético e normativo para o uso da IA nas administracións.
Modelo de prestación
Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación.
Apoio proporcionado
- Identificación de oportunidades de aplicación da IA.
- Definición de casos de uso de IA axeitados ao contexto.
- Soporte no cumprimento normativo.
- Apoio no deseño da folla de ruta para a implantación das solucións.
- Asesoramento e resolución de dúbidas relacionadas coa aplicación da IA.
Normativa
Solicitude
De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.