null OTAC - Impresión e dixitalización

Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Impresión e dixitalización

$

Servizo integral que ofrece solucións eficientes para a xestión da impresión, copia e dixitalización documental nos concellos. Inclúe a provisión, a configuración e o mantemento continuo de equipos multifuncionais, optimizando recursos mediante sistemas avanzados de monitorización e control de custos.

Beneficios

  • Reducir os custos e incrementar a sostibilidade cun menor uso de consumibles.
  • Mellorar a seguridade grazas a sistemas de control de accesos e autenticación.
  • Optimizar os procesos internos de traballo mediante solucións avanzadas de dixitalización.

Obxectivos

  • Implantar solucións centralizadas e eficientes.
  • Mellorar a seguridade documental nos procesos municipais.
  • Facilitar a transición a unha xestión máis dixital e sostible do papel.

Modelo de prestación

Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.

Apoio proporcionado

  • Análise de necesidades para determinar solucións óptimas adaptadas a cada concello.
  • Instalación, configuración e posta en marcha de equipos multifuncionais avanzados.
  • Formación específica ás persoas usuarias no manexo eficiente dos equipos.
  • Soporte técnico integral con mantemento preventivo e correctivo continuos.
  • Monitorización activa e informe diario sobre uso, custos e eficiencia de impresión.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.