Eixe 2. Xestión de servizos municipais
Padrón municipal de habitantes
Servizo dirixido a apoiar os concellos na xestión do padrón municipal de habitantes, asegurando o cumprimento da normativa vixente e a interoperabilidade co Instituto Nacional de Estatística (INE). Inclúe solucións técnicas e acompañamento funcional para manter un padrón actualizado.
Beneficios
- Asegurar a calidade, integridade e actualidade dos datos do padrón.
- Mellorar a coordinación e o intercambio de datos co INE e con outras administracións.
- Simplificar a xestión diaria do persoal municipal.
Obxectivos
- Garantir unha xestión eficiente, segura e conforme á normativa.
- Facilitar a correcta remisión de información ao INE.
- Proporcionar ferramentas para manter o padrón actualizado.
Modelo de prestación
Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.
Apoio proporcionado
- Implantación e configuración de solucións tecnolóxicas.
- Acompañamento na regularización de datos, depuración de rexistros e resolución de incidencias.
- Asistencia funcional continua na remisión de ficheiros, xestión de altas, baixas e modificacións.
- Formación práctica ao persoal empregado público municipal sobre normativa, procesos e uso da ferramenta.
- Coordinación co INE e apoio na xestión das comunicacións oficiais.
Normativa
Solicitude
De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.