Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA
Simplificación de procedementos administrativos
Servizo de apoio para a análise, homoxeneización, simplificación, dixitalización e automatización de procedementos administrativos dos concellos, orientado a eliminar tarefas manuais, reducir tempos de tramitación e mellorar a eficiencia interna mediante o uso de ferramentas dixitais.
Beneficios
- Reducir os tempos de tramitación.
- Mellorar a eficiencia e eficacia administrativas reforzando a seguridade xurídica.
- Diminuír a carga de traballo manual do persoal empregado público.
Obxectivos
- Simplificar procedementos clave.
- Impulsar a tramitación no marco da Administración dixital.
- Automatizar procesos e tarefas repetitivas que non achegan valor.
Modelo de prestación
Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación.
Apoio proporcionado
- Análise de procedementos administrativos.
- Mapeamento dos fluxos actuais.
- Identificación de oportunidades de mellora.
- Deseño de fluxos administrativos optimizados.
- Proposta de melloras en simplificación, dixitalización e automatización.
- Resolución de dúbidas relativas á implantación das melloras.
Normativa
Solicitude
De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.