null OTAC - Software da Policía local

Eixe 2. Xestión de servizos municipais

Software de la Policía local

$

Servizo orientado a apoiar os concellos na dotación e mellora de ferramentas dixitais específicas para a Policía local. Inclúe solucións para tramitar denuncias, controlar o tráfico, xestionar vehículos, comunicacións e interoperabilidade con outras administracións.

Beneficios

  • Facilitar o traballo diario da Policía local mediante ferramentas dixitais adaptadas.
  • Mellorar a eficiencia e coordinación interna.
  • Aumentar a capacidade de resposta ante incidencias.
  • Acadar a integración con sistemas autonómicos e estatais.

Obxectivos

  • Proporcionar solucións dixitais que melloren a operativa diaria.
  • Modernizar os sistemas de xestión e comunicación do corpo policial.
  • Incrementar a calidade dos servizos de seguridade cidadá.

Modelo de prestación

Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.

Apoio proporcionado

  • Selección e implantación de solucións de software para xestionar denuncias, informes, vehículos e incidencias.
  • Configuración de sistemas de comunicación e integración con bases de datos e plataformas doutros organismos.
  • Formación práctica ao persoal policial no uso das ferramentas implantadas.
  • Soporte técnico e funcional continuado, con resolución de incidencias e actualizacións evolutivas.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.