null OTAC - Soporte na redacción de pregos técnicos

Eixe 3. Apoio técnico en licitacións

Soporte na redacción de pregos técnicos

$

Servizo de asesoramento especializado na redacción de pregos técnicos para contratacións relacionadas co ámbito tecnolóxico. Búscase garantir que os expedientes se axusten á normativa vixente e inclúan requisitos técnicos adecuados para favorecer unha contratación pública eficiente, segura e transparente.

Beneficios

  • Mellorar a calidade técnica dos pregos.
  • Acelerar os procesos de contratación.
  • Facilitar a toma de decisións técnicas.
  • Fomentar a concorrencia e a transparencia nos procedementos.

Obxectivos

  • Asegurar a adecuación técnica e legal dos pregos no ámbito das TIC.
  • Apoiar de forma precisa na definición das súas necesidades tecnolóxicas.
  • Promover contratacións máis competitivas, seguras e eficientes.

Modelo de prestación

Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación.

Apoio proporcionado

  • Análise da necesidade e proposta de enfoque técnico para a contratación.
  • Redacción ou revisión de pregos técnicos: prescricións, criterios e solucións propostas.
  • Coordinación con secretarías e intervencións para garantir a coherencia no prego administrativo.
  • Acompañamento durante a fase de licitación.
  • Elaboración de modelos e exemplos de pregos reutilizables adaptados ao contexto local.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.