null OTAC - Xestión de espazos municipais

Eixe 2. Xestión de servizos municipais

Xestión de espazos municipais

$

Servizo de xestión dixital da reserva e uso de instalacións municipais coma pavillóns, centros culturais, aulas, pistas deportivas, venda de entradas, entre outros, para mellorar a dispoñibilidade dos espazos públicos e a atención cidadá mediante sistemas en liña e automatizados.

Beneficios

  • Optimizar a xestión de espazos e recursos municipais.
  • Facilitar o acceso da cidadanía á reserva de instalacións de forma transparente e sinxela.
  • Reducir a carga administrativa.
  • Mellorar a coordinación interna entre departamentos.

Obxectivos

  • Garantir a transparencia na asignación de espazos públicos.
  • Favorecer o uso eficiente das instalacións municipais.
  • Ofrecer canles electrónicas para xestionar as reservas.

Modelo de prestación

Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.

Apoio proporcionado

  • Análise das necesidades específicas e dos espazos dispoñibles en cada concello.
  • Implantación e configuración inicial do sistema de reservas.
  • Integración con outros servizos e ferramentas municipais.
  • Formación ao persoal municipal na xestión diaria da ferramenta.
  • Soporte técnico e funcional continuado, con resolución de incidencias e propostas de mellora.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.