#IGUALDADE

Premios Mulleres no Foco

Os Premios #Mulleres no Foco 2021, promovidos pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA), teñen como obxectivo poñer en valor o traballo das profesionais galegas no audiovisual co fin de mudar as cifras de infrarrepresentación actuais das mulleres do sector.


Dado que a muller sofre maior invisibilidade e menor presenza no audiovisual, especialmente na dirección, segundo se mostra cada ano no informe CIMA, con esta convocatoria propóñense tres premios que recoñezan o papel da muller, que recompensen e visibilicen o meritorio labor das galardoadas no seu ámbito de traballo. Para iso, na denominación do premio recollerase o campo de especialización da premiada.

Trátase dunha convocatoria aberta á recepción de candidaturas, nas que se distinguirán perfís con perspectiva de xénero, activistas polo recoñecemento da muller no sector e impulsoras do emprego feminino no audiovisual galego, obviamente alén da súa traxectoria persoal e do seu talento.

Cada premio contará con cadansúa dotación económica.

Noticias relacionadas

 
		Todo listo para a gran gala da II edición dos Premios “Mulleres no Foco”, que terá lugar o día 30 en Pontevedra

Todo listo para a gran gala da II edición dos Premios “Mulleres no Foco”, que terá lugar o día 30 en Pontevedra

Carmela Silva: “Será o evento máis importante do audiovisual e do cinema en Galicia e no Estado, no que queremos que participe a cidadanía. Serán os Óscar da provincia”

 
		A Deputación redobra a súa aposta polo audiovisual feminino coa segunda edición dos premios “Mulleres no Foco”

A Deputación redobra a súa aposta polo audiovisual feminino coa segunda edición dos premios “Mulleres no Foco”

Os considerados “Mestre Mateo” do audiovisual feminino entregaranse este ano en Pontevedra nunha gran Gala “para constatar que as mulleres merecemos estar no 50% de todo porque somos o 50% e porque iso enriquece á sociedade”