Exposición Rexas. Mulleres baixo o terror franquista

Rexas
Desde 11 Nov 2019 ata 15 Nov 2019
IES Pazo da Merced. As Neves

Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.

Información
  • Inauguración: luns 11 de novembro, ás 11.45 h
  • Horario de visita para o público xeral: luns e mércores, de 16.30 a 18.00 h
  • Conferencia de Montse Fajardo a continuación da inauguración: “A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36”. Actividade de acceso libre relacionada coa exposición