Axenda de actividades provinciais
I CIRCUÍTO DE ATLETISMO EN PISTA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2026 Xornada 2
2026-06-12 00:00:00.0
Vigo. Pistas de atletismo de Balaídos
O I Circuíto de Atletismo en Pista Deputación de Pontevedra 2026 é unha competición organizada pola institución provincial, que se desenvolverá en cinco xornadas ao longo do ano en distintas pistas da provincia.
Información
A segunda xornada terá lugar o 12 de xuño de 2026 nas pistas de atletismo de Balaídos de Vigo, en sesión de mañá, e está dirixida a atletas con licenza federativa, con especial protagonismo das categorías base (de sub-10 a sub-16). A participación é gratuíta e as inscricións estarán abertas do 25 de maio ao 8 de xuño de 2026 a través da plataforma en liña da RFEA.