Axenda de actividades provinciais
42.ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Desde
22/06/2025
ata
06/07/2025
Cangas

A Deputación de Pontevedra, a través do servizo de Cultura, apoia e impulsa o incremento da actividade cultural no territorio, concretamente das citas musicais e de artes escénicas, cunha liña de axudas para as entidades sen fins de lucro para organizar festivais ou certames musicais e teatrais de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra e que lles dediquen especial atención á programación e á difusión da música, da danza e do teatro galegos, ademais doutras disciplinas artísticas.