Axenda de actividades provinciais
Ao son do piano. Javier Otero Neira: piano + electrónica
07/02/2026 12:30
Museo Provincial de Pontevedra. Edificio Castelao
Javier Otero defínese como un artista polifacético, de formación clásica pero interesado en todo tipo de músicas. En directo toca o piano e sintetizadores acompañado por Rubén Iglesias, que toca o baixo eléctrico e tamén sintetizadores. Unha posta en escena que conxuga a vangarda coa esencia do piano e da música electrónica.