Axenda de actividades provinciais
Aquí Faltan Paxinas. Marina Ledo e Begona Villar
2026-09-16 19:30:00.0
Sala Rosalía de Castro na sede da Deputación, en Vigo
A terceira colección de Aquí Faltan Páxinas amplía a nosa xenealoxía de mulleres extraordinarias, coa adición de novas voces e historias que, malia seren esenciais para entender quen somos, quedaron á marxe do relato que se recolle nos libros. Neste percorrido detémonos en logros colectivos e vidas singulares, en pioneiras audaces e en grupos de mulleres anónimas que loitaron, resistiron e transformaron xuntas a realidade social para convertérense en referentes que hoxe nos inspiran.