Axenda de actividades provinciais
Avelaíña Teatro. As máscaras de Ibáñez: o marqués de Sargadelos que nunca foi
2026-05-22 19:00:00.0
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Con motivo do Día Internacional dos Museos, que este ano ten por lema “Museos unindo un mundo dividido”, prográmase esta peza teatral que leva o público a pensar na nosa historia máis próxima nunha época como foi a Ilustración, na que se viviron na nosa terra enfrontamentos entre distintos estamentos do poder, a igrexa e nobreza fronte á nova burguesía liberal.