Axenda de actividades provinciais
Conferencia de Javier Barón Thaidigsmann: “A personalidade artística de Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960)”
2026-05-21 19:00:00.0
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
O xefe da colección de Pintura do Século XIX do Museo Nacional del Prado e comisario da exposición que lle dedicou a Sotomayor a Fundación Barrié, ofrece unha conferencia na que abordará esta figura central da arte española e galega de finais do xix e da primeira metade do XX, da que o Museo de Pontevedra conserva e exhibe obras de gran relevancia coma Festa galega.