Axenda de actividades provinciais
Copa Deputación de Pontevedra de Atletismo
O I Circuíto de Atletismo en Pista Deputación de Pontevedra 2026 é unha competición organizada pola mencionada institución, que se desenvolverá en cinco xornadas ao longo do ano en distintas pistas homologadas da provincia. Este evento nace co obxectivo de fomentar o deporte de base e dinamizar a actividade deportiva nos municipios.
Información
A primeira xornada terá lugar o 24 de abril de 2026 na pista municipal da Estrada, en sesión de tarde, e está dirixida a atletas con licenza federativa, con especial protagonismo das categorías de base (desde sub-10 a sub-16). A participación é gratuíta e as inscricións estarán abertas desde o 29 de marzo ata o 19 de abril de 2026, ás 20 horas, a través da plataforma en liña da Real Federación Española de Atletismo.