Axenda de actividades provinciais

Día Internacional da Danza

28/04/2025 11:00
Exterior do Pazo provincial. Pontevedra
Día Internacional da Danza

O Día Internacional da Danza festéxase cada 29 de abril desde 1982, impulsado polo Consello Internacional da Danza (CID), polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) e apoiado pola UNESCO. Nesta data conmemórase o nacemento de Jean-Georges Noverre, mestre destacado do ballet moderno.

Información

Actuación de danza contemporánea

Ao pasar pola fenda. Adrián López Fernández e Paula Morejón García

Inspirada nun ensaio sobre física cuántica, nesta peza explórase a forma en que a nosa percepción pode transformar a realidade. A través do xogo sutil entre quen observa e quen é observado, convídasenos a cuestionar a realidade que se xera nas nosas relacións humanas. Ao pasar pola fenda, o que parecía sólido esboróase.

Máis información

Máis información sobre o Día Internacional da Danza