Axenda de actividades provinciais

Día dos Museos

Desde 2022-05-18 00:00:00.0 ata 2022-05-20 23:59:00.0
Museo de Pontevedra. Pontevedra
Día dos Museo

Con motivo da conmemoración do Día Internacional dos Museos, unha iniciativa promovida polo ICOM desde 1977, o museo desenvolverá unha programación específica que incluirá visitas comentadas, un festival de música con Estudo Bonobo e a proxección do audiovisual ‘O poder do Museo’.

Información

  • Visitas comentadas á fonte da Ferrería, un elemento emblemático da cidade que pertence ao museo. As persoas que desexen participar en ‘O Museo na cidade’ poderán acudir ás sesións que se celebrarán ás 12:00, 13:00, 17:00 e 18:00 h na propia peza, situada na praza de Ourense.
  • O venres día 20 terá lugar no Edificio Castelao un festival de música promovido por Estudo Bonobo que comezará ás 17:00 h con Ritmo na  lúa e  Noise in the Jungle, na planta 0.
  • Ás 19:30 h, na praza exterior do Edificio Castelao actuará o grupo do proxecto  Rocklab, formado por alumnas e alumnos de 10 a 12 anos.
  • Máis información