Axenda de actividades provinciais

Exposición "Infiltracións. Berio Molina: Frío, frío"

Do 2026-12-04 00:00:00.0 ao 2027-03-28 21:00:00.0
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Infiltracións de Berio Molina

O ciclo Infiltracións do Museo de Pontevedra busca establecer novas relacións entre as coleccións históricas do museo e as prácticas artísticas contemporáneas. A través de intervencións concibidas especificamente para os seus espazos, as e os artistas que convidamos propoñen outras formas de aproximarse ás obras, á historia da institución e aos relatos que se foron construíndo arredor delas. Interésanos especialmente a posibilidade de que estas intervencións alteren, aínda que sexa temporalmente, a maneira na que percorremos as salas e observamos aquilo que conteñen.

Información