Axenda de actividades provinciais
Faladoiro Aquí Faltan Paxinas. Juana de la Cruz Domínguez
2025-11-19 19:00:00.0
Salón de plenos do Concello do Porriño
A terceira colección de Aquí Faltan Páxinas amplía a nosa xenealoxía de mulleres extraordinarias, coa adición de novas voces e historias que, malia seren esenciais para entender quen somos, quedaron á marxe do relato que se recolle nos libros. Neste percorrido detémonos en logros colectivos e vidas singulares, en pioneiras audaces e en grupos de mulleres anónimas que loitaron, resistiron e transformaron xuntas a realidade social para convertérense en referentes que hoxe nos inspiran.