Axenda de actividades provinciais
Seminario: Tecendo Pinturas. As Artes de Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas
2026-05-28 00:00:00.0
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
En paralelo á exposición Arte en parella. Mercedes Ruibal-Agustín Pérez Bellas, o Museo de Pontevedra organiza un seminario no que unha serie de especialistas analizan, con distinta voz e contidos, os tempos que lle tocou vivir a esta parella de artistas, intensamente comprometida coa creación e a cultura desde os anos cincuenta do século pasado.
Información
O acceso é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.