Campañas para un uso non sexista e non violento dos xogos e xoguetes

#IGUALDAD

Campañas para un uso non sexista e non violento dos xogos e xoguetes

As campañas para un uso non sexista e non violento dos xogos e xoguetes  xorde do noso compromiso coa igualdade de oportunidades, coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e nenas e nenos da provincia de Pontevedra. Entronca co noso firme obxectivo de crear unha sociedade máis xusta e igualitaria, que só pode chegar traballando desde idades temperás.


Lista de reprodución de vídeos da campaña

Noticias relacionadas

 
		A campaña da Deputación “Grazas xoguetes” xa pasea por Vigo nos Vitrasa animando este nadal á cidadanía a regalar sen estereotipos

A campaña da Deputación “Grazas xoguetes” xa pasea por Vigo nos Vitrasa animando este nadal á cidadanía a regalar sen estereotipos

A campaña xa pode verse no exterior dos autobuses das liñas H e L17 e o vídeo proxéctase nos vehículos de todas as liñas que percorren a cidade

 
		“Grazas Xoguetes”: a nova campaña da Deputación que agradece neste Nadal aos xogos poder soñar sen estereotipos de xénero

“Grazas Xoguetes”: a nova campaña da Deputación que agradece neste Nadal aos xogos poder soñar sen estereotipos de xénero

A campaña está protagonizada pola inmunóloga África González, a cineasta Emma Lustres, o bailarín Diego Landín, a futbolista Paula Dapena e o cociñeiro Pepe Solla, que lembran os xoguetes que lles inspiraron para elixir a súa profesión