#TRANSPARENCIA

CIBERSEGURIDADE

Na actualidade, o contorno dixital adquiriu un papel central na actividade das administracións públicas. Cada vez máis servizos coma o rexistro, a tramitación de expedientes ou a xestión interna préstanse de forma dixital, o que incrementa a eficiencia, a accesibilidade e a proximidade coa cidadanía.


Este contexto implica unha maior exposición a riscos e ameazas que evolucionan constantemente, coma os ciberataques, os accesos indebidos ou as interrupcións dos servizos.

A Deputación de Pontevedra adopta un enfoque da ciberseguridade aliñado cos principios básicos e requisitos mínimos establecidos polo Esquema Nacional de Seguridade, o que permite garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade, autenticidade e rastrexabilidade da información e dos servizos dixitais prestados. Isto tradúcese na aplicación de medidas concretas orientadas a protexer os sistemas de información empregados.

Neste sentido, a ciberseguridade intégrase como un eixe fundamental para a transformación dixital, co obxectivo de previr, detectar e responder ante posibles incidentes e garantir que os servizos públicos dixitais se prestan de forma segura, fiable e continua, para reforzar así a confianza da cidadanía.