+Deporte

Copa Deputación de Pontevedra

Na Deputación de Pontevedra o compromiso co deporte é firme e constante, pola súa consideración como alicerce estratéxico para o benestar e a cohesión do territorio. Como a provincia do deporte, desde este organismo estamos orgullosos de reafirmar a nosa colaboración coa Federación Galega de Fútbol a través da recuperada Copa Deputación, nas categorías feminina e masculina.


A volta deste prestixioso torneo por equipos de categoría rexional da provincia foi unha das primeiras decisións do Goberno provincial, como reflexo da súa decidida aposta polo fomento do fútbol de base e o apoio directo aos nosos clubs. Eventos coma a final, que se disputa en Pasarón, demostran a importancia que esta corporación lle dá a este tipo de competicións, que non só impulsan a actividade deportiva, senón que tamén xeran un impacto directo nas entidades participantes.

A Copa Deputación de Pontevedra convértese nunha fonte vital de apoio que beneficia directamente as nosas entidades deportivas a medida que avanzan nas eliminatorias. Este apoio é unha clara mostra do noso compromiso e a importancia da colaboración institucional para o desenvolvemento do talento e a paixón polo fútbol en cada recanto de Pontevedra.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.