#XUVENTUDE

En plan ben

Aulas saudables

Diversos estudos e enquisas evidencian un crecente aumento dos problemas de saúde mental, e a mocidade é un dos grupos máis preocupados e afectados polo seu benestar emocional. Por iso, a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico, convoca unha segunda edición deste programa, co fin de fortalecer a rede de apoio á adolescencia mediante unha serie de obradoiros sobre esta temática dirixidos á comunidade educativa.


A quen vai destinado o programa?

O programa está pensado para centros educativos públicos de concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia nos que se impartan ESO, bacharelato e formación profesional básica. En cada centro, participarán na actividade:

  • O alumnado: dous grupos de entre 25 e 30 persoas cada un, elixidos polo centro.
  • O profesorado e o equipo de orientación.
  • As familias e a anpa: preferiblemente as dos grupos participantes.

Contidos

O programa divídese en tres tipos de sesións, adaptadas a cada grupo:

  • Sesións formativas co alumnado: un obradoiro interactivo de 10 horas de duración, distribuídas segundo as necesidades de cada centro.
    Poderán versar sobre algunha das seguintes cinco temáticas:
    • Autolesións, ideación suicida e pensamentos negativos e intrusivos.
    • Diversidade, imaxe corporal e trastornos da conduta alimentaria.
    • Acoso escolar (bullying), ciberacoso (ciberbullying) e mensaxes de odio.
    • Consecuencias do uso da pornografía e outras violencias sexuais.
    • Utilización de sustancias e conductas abusivas.
  • Capacitación docente: unha serie de obradoiros de 4 horas para o profesorado e o persoal de orientación. O seu obxectivo é proporcionar ferramentas e coñecementos prácticos para a xestión do benestar emocional do alumnado.
  • Intervención coas familias ou a anpa: un obradoiro de 2 horas no que se abordarán recursos para a prevención en materia de saúde mental no fogar.

Participación e prazos

O programa desenvolverase durante o curso 2027/2028 e prevese que comece no mes de setembro de 2027. O centro educativo terá a flexibilidade de distribuír as horas dos obradoiros, en coordinación coa entidade social encargada da xestión do programa e en función da súa dispoñibilidade.

As solicitudes poderán presentarse do 26 de outubro ao 4 de decembro de 2026, obrigatoriamente a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal/).

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.