8ª Gala Solidaria do Grupo Hotusa en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro

05/08/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta e mais o vicepresidente da Deputación, Marta Fernández-Tapias e Rafa Domínguez, asistiron á 8ª Gala Solidaria do Grupo Hotusa en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. O evento celebrouse no Eurostars Gran Hotel La Toja 5*, na Illa da Toxa (O Grove), co obxectivo de recadar fondos que apoien o financiamento de proxectos de investigación oncolóxicos e contribúan a erradicar esta enfermidade