Luz verde da Deputación a máis de 800.000 euros do Plan Concellos para a mellora da sinalización viaria nas parroquias da Estrada

Os recursos provinciais servirán para eliminar sinais direccionais obsoletas ou en mal estado e para colocar 61 paneis informativos

 

08/04/2022

A Deputación deu luz verde na Xunta de Goberno de hoxe a un importante investimento de 814.084 euros do Plan Concellos destinado á Estrada, achega coa que o goberno local poderá financiar a mellora da sinalización viaria en todas as súas parroquias. Estes fondos, que supoñen unha parte moi relevante do orzamento do plan provincial que lle corresponde á Estrada (2.665.724,46 euros), suporán unha mellora importante para a veciñanza do rural xa que dotará da sinalización precisa á totalidade de lugares e parroquias do municipio.

O obxectivo desta actuación é executar unha mellora de calado na sinalización do rural estradense, eliminando aqueles elementos que estean obsoletos ou en mal estado. Isto facilitará a vida diaria de transportistas, repartidores e visitantes xa que a maioría dos lugares incluso carecen de sinalización algunha.

Ademais, colocaranse 61 paneis informativos de 60 centímetros de altura por 100 de ancho, que serán instalados entre dous postes circulares de aluminio. Todos os elementos respectarán a lexislación vixente en materia de circulación e de accesibilidade así como os manuais específicos para a sinalización turística.

 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.