A primeira acción de “Violencia Zero” de 2023 visibiliza en Barro a búsqueda da igualdade e a corresponsabilidade

“Muller auga...”, a performance das artistas Ana Abad de Larriva e María Move, busca por en valor a figura da muller e a búsqueda da igualdade

10/01/2023

Violencia Zero en Barro

A Deputación de Pontevedra continúa a espallar o programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” por toda a provincia, nesta ocasión cunha acción protagonizada pola actriz e creadora escénica Ana Abad de Larriva xunto á artista multidisciplinar María Move. Este, que foi o primeiro acto do 2023, tivo lugar esta mañá, na nave da música de Barro e á que asistiron, ademais de 118 alumnas e alumnos do IES de Barro, a deputada de Igualdade Victoria Alonso, acompañada do alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes e a concelleira Amelia Cancela. Nesta edición recupérase a precursoras do programa, artistas que estes anos fixeron emerxer, crecer o programa e xerar alianzas entre elas ou con novas colaboradoras, ideando xuntas pezas inéditas. Neste caso María Move, que participou na edición 2018-2019 de “Mulleres en acción. Violencia Zero”, traballau xunto a Ana Abad de Larriva, para realizar esta peza conxunta.

Muller auga...”, é unha peza performativa, creada a partir de movemento, sons e proxeccións. Dun xeito poético, as artistas, tratan de poñer na mente o tema da muller e o coidado así como o da corresponsabilidade, mediante a evocación do mitolóxico. “Muller auga...” fala da capacidade de fluír da mesma auga como elemento nas nosas vidas e da conexión deste elemento co mundo emocional e sensorial  feminino. Esta representación, relaciónase neste caso, coa búsqueda da igualdade entre ambos sexos, visibilizando e poñendo en valor a figura da muller en relación co coidado, a creación e o traballo, deixando ver tamén os retos, dificultades e o desgaste que experimenta no camiño.

O programa, que xa pasou por Pontevedra, Vigo e Barro, continuará este ano nos concellos de Arbo, As Neves, Cangas, Ponte Caldelas, A Cañiza, O Grove, Nigrán, Gondomar, Mos, Oia, Baiona, O Rosal, Cambados, Marín, Tui, Poio, A Lama, Silleda, Vilagarcía, Caldas, Forcarei e Ribadumia.

Galerias de imaxes