A Deputación aproba as bases para os campamentos da Lanzada do próximo verán cunha oferta de 1.540 prazas e un orzamento de 380.000 euros

O prazo de presentación de solicitudes abrirase no próximo mes de xaneiro para os menores nados entre os anos 2011 e 2016 que estean empadroados na provincia

13/10/2023

Xeira en Carboeiro

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres as bases para os campamentos infantís de verán do ano 2024. Unha oferta que conta con 1.540 prazas e que se desenvolverá entre o 23 de xuño e o 7 de setembro do próximo ano. O goberno provincial, que vén de clausurar hai un mes a edición anterior, destina 380.000 euros para a organización dunha actividade que favorece a conciliación e que é moi demandada polas familias de toda a provincia.

O programa vai dirixido a rapaces e rapazas nados entre os anos 2011 e 2016 que estean empadroados nalgún dos 61 concellos da provincia de Pontevedra.

Do total de 1.540 prazas ofertadas, 1.330 adxudicaranse polo procedemento xeral, mentres que outras 210 quedarán reservadas para menores en situación de risco ou exclusión. Neste último caso, a subvención cubre o 100 % do gasto das familias. Mentres que para os admitidos polo procedemento xeral, o ente provincial subvenciona 130,93 euros do custo por persoa, polo que as familias só terían que pagar 110 euros.. Unha cantidade que pode ser maior en casos de familias numerosas ou monoparentais, que poderían pagar unicamente 80 euros por praza.

Os campamentos do próximo verán volverán estar distribuídos en 11 quendas semanais de domingo a sábado.

Segundo explicou o presidente da Deputación, Luis López, “unha vez aprobadas as bases, está previsto que saian puvlicadas en xaneiro no Boletín Oficial da Provincia para, ao día seguinte, abrir o prazo de presentación de solicitudes durante 20 días hábiles”. Neste sentido, o mandatario provincial puntualizou que “a adxudicación de prazas será por sorteo porque o número de solicitudes sempre supera amplamente o número de prazas”.

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.