A Guarda acolle este xoves 26 de outubro a proxección do filme “A Foreign Song” ao abeiro do Ciclo Mestre Mateo

A proxección deste documental que aborda a figura do poeta estadounidense Wallace Stevens terá lugar no Salón de actos do Centro Cultural ás 20:30 horas

24/10/2023

A Guarda acolle este xoves 26 de outubro unha nova proxección da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, que promoven a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. O salón de actos do Centro Cultural da vila acollerá ás 20:30 horas o pase do documental A Foreign Song, do realizador César Souto, finalista nos Premios Mestre Mateo nas categorías de Mellor documental, Mellor dirección de fotografía e Mellor dirección de produción.

Este documental aborda a figura do poeta modernista estadounidense Wallave Stevens, cuxa ordinaria vida escondía ao autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días se erguía ás 6:00 e deitábase ás 21:00 horas. Nos seus días non había pericias interesantes nin grandes dramas. Cando se lle pediu unha recensión biográfica para presentar a súa obra, o poeta negouse a escribila. Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era, en realidade, a voz dun outro.

Ademais da Guarda, o ciclo chega este año aos concellos da Estrada, Caldas de Reis, O Grove e Baiona. Estes municipios continúan a exhibir unha programación que inclúe María Casares, a muller que viviu mil vidas, Unicorn Wars e O corpo aberto, recoñecidas respectivamente como mellor documental, mellor longametraxe de animación e mellor longametraxe na última edición dos Mestre Mateo.  O resto de títulos do programa son, ademais de A Foreign Song, os documentais Onde máis doe (Manane Rodríguez, 2022) e No somos nada (Javier Corcuera, 2022). Tamén o filme de animación Valentina (Chelo Loureiro, 2022), a película Live is Life (dirixida por Dani de la Torre), e a longametraxe Código Emperador (Jorge Coira, 2022).

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.