A vicepresidenta primeira, Marta Fernández-Tapias, mantivo un encontro coa directiva da Culturgal

09/08/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, mantivo esta mañá un encontro coa directiva da Culturgal como responsable da área de Cultura da institución provincial.

Á reunión, que tivo lugar na sede de Vigo da Deputación, asistiu o director da feira, Camilo Franco, e nela avanzaron na súa colaboración de cara á próxima edición da feira.

Fernández-Tapias trasladoulles a garantía de que no presente mandato a Deputación fará unha importante aposta pola industria cultural da provincia de Pontevedra.