Luis López asiste no Grove á xornada inaugural da quinta edición do foro La Toja

28/09/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este xoves ao acto inaugural da quinta edición do Foro La Toja – Vínculo Atlántico que tivo lugar no Centro de Convencións Eurostars Gran Hotel La Toja.

As intervencións de apertura do evento correron a cargo da S. M o Rei Felipe VI e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Á sesión inaugural acudiron tamén a ministra de Xustiza en funcións, Pilar Llop; o expresidente do Goberno, Mariano Rajoy; o embaixador do Reino Unido en España, Hugh Elliot; así como representantes doutras institucións políticas e empresariais.