Luis López participa na IX Festa do Viño Espumoso da D. O. Rías Baixas en Salvaterra de Miño

03/12/2023

IX Festa do Viño Espumoso da D. O. Rías Baixas en Salvaterra de Miño

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo na tradicional Festa do Viño Espumoso da Denominación de Orixe Rías Baixas, que celebrou a súa novena edición no concello de Salvaterra de Miño. O mandatario provincial puxo en valor a calidade dos viños elaborados na provincia e animou a poboación a brindar con espumosos das Rías Baixas nestas festas do Nadal.