Luis López participa na misa en lembranza de Rosalía de Castro realizando a ofrenda floral en nome da Deputación

25/07/2023

Durante o acto, o presidente encargouse de realizar a ofrenda floral a escritora galega en nome da institución provincial. Tamén realizaron ofrendas na cerimonia o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; e, entre outras institucións, representantes das deputacións de Ourense a A Coruña, da Universidade de Vigo, de Santiago e da UNED, do concello do Patrón, da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega.