O presidente da Deputación e a vicepresidenta provincial participan nos actos da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago

25/07/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta provincial Marta Fernández-Tapias asistiron na capital de Galicia á Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago na que exerceu como Delegado Rexio o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. O acto comezou coa recepción do Delegado Rexio na Praza de Obradoiro á que lle seguiu a cerimonia relixiosa na Catedral de Santiago, na que tivo lugar a ofrenda.