Ortiga e Pili Pampín actúan este sábado 30 na Illa de Arousa ao abeiro do programa provincial “Musigal”

O concerto terá lugar ás 23:30 horas na praza do Regueiro   

28/09/2023

Ortiga e Pili Pampín

O programa provincial “Musigal”, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia, chega este sábado, 30 de setembro, á Illa de Arousa co concerto que ofrecerán Ortiga e Pili Pampín na praza do Regueiro, a partir das 23:30 horas.

Nesta actuación, Ortiga e Pili Pampín únense nunha nova reivindicación da conexión sonora que cruza o charco entre as costas galegas e o folclore latinoamericano. O músico santiagués Ortiga continúa creando un universo musical único, a cabalo entre o folclore galego e os sons tropicais, que o converteu nunha referencia na música alternativa de Galicia. Xunto a Pili Pampín, unha das artistas máis carismáticas da canción popular galega, xa gravou varios temas, coma Eu chorar chorei ou O galo, presentado este ano e que recolle estrofas icónicas do repertorio popular.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.