Premios Nacionais de Vela Terras Gauda

02/09/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Fernández-Tapias, participou no acto de entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda celebrado no Monte Real Club de Yates de Baiona. Fernández-Tapias fixo entrega do primeiro dos galardóns da noite, que foi recollido por Ian Walker y Finn Dicke como mellor tripulación xuvenil do ano. Ambos regatistas acadaron a medalla de ouro no Europeo Xuvenil de 420 e a de bronce no Mundial desta clase.