A Deputación mellora a seguridade viaria na EP-9405 en Armenteira cun investimento de 356.000€

As obras permitirán facer unha nova glorieta co fin de mellorar a intersección co viario municipal que dá acceso ao CEIP de Armenteira

20/06/2023

A Deputación de Pontevedra mellorará a seguridade viaria na EP-9405 San Martiño – A Armenteira – O Busto, no concello do Meis coa posta en marcha de actuacións que contan cun orzamento estimado de 356.000 euros. En concreto, as obras que se proxectan terán lugar no PQ 4+250, na parroquia de Armenteira, é dicir, un punto moi próximo ao CEIP no que a estrada provincial conflúe cun viario municipal.

A intención é mellorar a intersección para garantir a seguridade viaria de toda a comunidade educativa, xa que é o acceso máis empregado para chegar ao centro escolar. Co fin de solucionar as actuais deficiencias e problemas coa seguridade viaria nesta incorporación, proxéctase a construción dunha glorieta para poder regular o tráfico de maneira máis segura. Estas actuacións beneficiarán ademais aos usuarios e usuarias do albergue de peregrinos, que se atopa ao carón da escola de educación infantil e primaria.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.