O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana catro novas accións formativas

Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático e presencial, céntranse en ciberseguridade, fabricación dixital e promoción a través de Google

11/06/2023

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático e presencial. Os obradoiros centraranse no deseño dun contrasinal seguro, na fabricación dixital e na promoción do negocio con  perfil de empresa de Google.

A primeira das xornadas comeza o luns as 10:00 h con Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro sobre a importancia de ter un contrasinal adecuado para protexer a información. Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D dirixirá este curso.

O martes 13 continúa a formación con “Fabricación dixital. Debuxo con Onshape VI – Assembly II” as 11:00 h tamén da man de Manuel Freire. O obradoiro forma parte das 30 horas da formación teórica online dividida en 4 seccións: debuxo 3D con Onshape (16 h), impresoras 3D de filamento (8 h), impresoras 3D de resina (4 h) e escáner 3D (2h). Amais complétase con 20 horas de formación práctica sobre o uso de impresoras 3D de filamento (8h), impresoras 3D de resina (8h) e escáner 3D (4h) no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro.

O mércores 14 o obradoiro terá lugar ás 12:00h e centrarase en “Promociona o teu negocio con perfil de empresa de Google”. Está dirixido a empresas locais que queiran mellorar a súa visibilidade con Google e será impartido por Adrián Fernández , licenciado en Comunicación Audiovisual e asesor de empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e no márketing online.

A semana de obradoiros rematará o xoves 15 con “Fabricación dixital. Impresoras de resina”. O experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire, será o encargado de impartir esta formación.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 10 resultados.