A vicepresidenta, mantivo unha reunión co presidente da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA)

20/09/2023

Reunión co presidente da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA)

 

A vicepresidenta e deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, mantivo esta mañá no Pazo provincial unha reunión co cineasta Fon Cortizo, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA). No transcurso do encontro, Cortizo presentou á responsable de cultura o Conecta Lab, a segunda edición deste laboratorio creativo de desenvolvemento de proxectos cinematográficos que ten o seu epicentro na Illa de San Simón.