Visita técnica do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, ao convento de Santa Clara

26/08/2023

VICEPRESIDENTE VISITA SANTA CLARA

 

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou o convento de Santa Clara xunto con persoal do Museo de Pontevedra e do servizo de Arquitectura da institución provincial.

Tratouse dunha visita de carácter técnico na que tanto o vicepresidente como o persoal da Deputación percorreron o recinto para comprobar o seu estado de conservación de cara ao proxecto que se desenvolverá en Santa Clara como sétimo edificio da institución museística.

Galerias de imaxes