A deputada provincial Sandra Bastos participa na visita ás instalacións do Festival Sinsal Son Estrella Galicia

20/07/2023

A visita estivo conducida polos codirectores da cita musical, Julio Gómez e Luís Campos, e a deputada estivo acompañada tamén polo director de Agadic, Jacobo Sutil. O festival Sinsal, que se celebra nesta localización da ría de Vigo desde fai 20 anos, ten como principal reclamo un cartel que non se desvela ata o comezo do evento, se ben si se sabe que actuarán un total de 26 bandas e solistas procedentes de 18 países diferentes, 9 dos cales actuarán por vez primeira en España. Destaca, ademais, pola súa aposta pola diversidade cultural e a variedade de xéneros musicais, así como polas actividades paralelas programadas, como rutas pola illa, micro concertos acústicos ou pedal surf, entre outras.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.