#CULTURA

Obradoiros de fotografía intervida

Paisaxes Habitadas

Impartidos por Rosa García, Cristina Fernández Núñez e Eva Tarrío.

Sede da Deputación en Vigo (rúa de Eduardo Chao, 17)

Venres 17 e 24 de abril e 8 de maio, de 18 a 21 h.

Inscrición: participa.cultura@depo.gal


Datos xerais
  • Nome do taller: Paisaxes Habitadas
  • Modalidade: presencial
  • Duración: unha sesión de 3 horas
  • Dirixido a: maiores de 16 anos
  • Prazas: de 10 a 15
  • Espazo requirido: aula-taller con mesas amplas, acceso a auga e, en caso de contar con el, tórculo para gofrado.
Foto intervida

A fotografía intervida é unha práctica artística que transforma imaxes fotográficas mediante técnicas manuais, dixitais ou mixtas, xerando novas narrativas visuais. Desde as vangardas históricas ata a arte contemporánea, artistas coma Man Ray, Cindy Sherman e Gerhard Richter exploraron a manipulación da imaxe como ferramenta conceptual.

Este obradoiro propón un espazo experimental onde a fotografía deixa de ser un rexistro estático para converterse en soporte creativo.

Paisaxe habitada

A paisaxe foi tradicionalmente entendida como representación da contorna natural ou urbana. Con todo, na arte contemporánea, a paisaxe é tamén territorio simbólico, memoria, experiencia e construción cultural.

Desde a tradición da fotografía de paisaxe representada por Ansel Adams ata as exploracións fragmentadas e espaciais de David Hockney, a imaxe do territorio evolucionou cara a formas híbridas onde pintura, fotografía e obxecto dialogan.

No obradoiro Paisaxes Habitadas proponse reflexionar sobre a idea de que toda paisaxe está atravesada por presenzas visibles ou invisibles: historias, pegadas, percorridos, afectos. A través de técnicas mixtas de intervención sobre fotografía, as e os participantes transformarán imaxes impresas en obras persoais de carácter expandido.

Obxectivos

Explorar a fotografía como soporte expandido mediante técnicas mixtas de intervención, desenvolvendo unha obra persoal que resignifique a paisaxe como espazo habitado, alén de:

  • Reflexionar sobre a paisaxe como construción cultural e emocional.
  • Experimentar técnicas de pintura, colaxe, relevo, gofrado e costura.
  • Integrar distintas linguaxes plásticas nunha mesma peza.
  • Fomentar procesos creativos individuais nunha contorna colaborativa.
Metodoloxía

O obradoiro desenvolverase a través dun enfoque práctico-experimental:

  • Breve introdución conceptual con apoio visual.
  • Demostración técnica dos procedementos.
  • Traballo individual acompañado.
  • Espazo final de socialización e diálogo colectivo.

Priorizarase o proceso creativo, a experimentación e a integración técnico-conceptual.

Técnicas de intervención

As técnicas poderán utilizarse de xeito individual ou combinado.

  • Pintura/debuxo (acrílico, acuarela, grafito, ceras, lapis acuarelables)
    • Aplicación con lapis, pincel, espátula, esponxa ou esténcil.
    • Permite xerar atmosferas, veladuras, texturas e novas presencias.
  • Colaxe
    • Incorporación de papeis, cartóns, teas, imaxes e pintura.
    • Posibilita a superposición de planos, a inserción de figuras e a construción de novos espazos.   
  • Fotomontaxe
    • A fotomontaxe permite recompoñer a paisaxe a partir da unión de múltiples imaxes fotográficas, a través do recorte e integración de fragmentos doutras fotografías, a alteración de escala (figuras sobredimensionadas ou minimizadas), inserción de elementos arquitectónicos ou naturais alleos á paisaxe orixinal, ou a construción de escenas imaxinarias ou narrativas oníricas.
  • Texturas e relevo
    • Adición de materiais con volume (cartón, cordas, pequenos obxectos, areas ou outros elementos). Transforma a paisaxe en obxecto tridimensional.
  • Intervención do marco
    • As e os participantes poderán traer un marco para integrar na obra.
    • Este poderá pintarse, lixarse, tallarse ou ampliarse, converténdose en parte activa da peza.
  • Requisitos para as persoas participantes
    • Traer 2 ou 3 fotografías impresas en papel fotográfico a cor con temática de paisaxe (urbana, arquitectónica, natural, rural, portas, fiestras, fachadas, interiores abertos etc.)
    • Traer un marco para a obra (opcional).
  • Materiais proporcionados polo obradoiro
    • Papel de acuarela de entre 250 e 300 g
    • Pegamento libre de ácido
    • Pinturas acrílicas e acuarelas
    • Pinceis, espátulas, esponxas
    • Padróns para estampaxe con esténcil
    • Papeis, cartóns e teas
    • Materiais para relevo
  • Resultados esperados
    • Ao rematar o obradoiro, cada participante levará consigo:
    • Unha obra orixinal de técnica mixta sobre soporte expandido.
    • Unha reinterpretación persoal da paisaxe como espazo habitado.
    • Unha experiencia de exploración interdisciplinaria entre fotografía, pintura e obxecto.
  • Produto final
    • Exhibición informal dentro do espazo do obradoiro ou mostra colectiva se a institución o considera pertinente.
    • Rexistro fotográfico das obras realizadas.

Boton volver utopia