#CULTURA
“UTOPÍAS”
CONSIDERACIÓNS DUN NOVO ESPAZO EXPOSITIVO
Sala Maruja Mallo da sede da Deputación en Vigo
Inauguración: mércores 15 de abril , ás 19 h
Do 15 de abril ao 26 de xuño de 2026
Horario de visita: de luns a venres, de 9.00 a 20.30 h
“Utopías” é unha exposición multidisciplinar que invita a quen a visita a introducirse nun espazo de reflexión construído a partir de tres miradas artísticas que dialogan entre si. A través de distintas linguaxes —visuais, conceptuais e emocionais—, o proxecto propón un percorrido aberto que transcende o puramente contemplativo.
Exponse a utopía como ideal e como anhelo colectivo, pero tamén como un territorio complexo atravesado polas súas propias contradicións. Lonxe de entendela unicamente como un horizonte perfecto, “Utopías” pon en evidencia as tensións que a habitan: a procura de equilibrio entre perfección e erro, entre control e liberdade, entre o imaxinado e o posible.
Neste contexto, as obras non ofrecen respostas pechadas, senón que funcionan como dispositivos de pensamento. Cada peza abre unha fisura desde a que observar a realidade, revelando tanto os desexos de transformación coma as incertezas e fraxilidades que definen a condición humana. O íntimo e o colectivo entrelázanse, xerando un espazo onde as experiencias individuais atopan resonancia no común, tensións entre perfección, control e liberdade.
O percorrido expositivo configúrase como unha paisaxe emocional no que luces e sombras conviven, reflectindo as nosas decisións, aspiracións e límites. A ou o visitante non ocupa un lugar pasivo, senón que é invitado a implicarse, a cuestionar a súa propia mirada e a reconstruír o sentido do que observa nun espazo de introspección, compromiso e conciencia crítica. Un lugar onde non hai refuxio na neutralidade e onde cada visitante forma parte activa do relato que se desprega.
OBRADOIROS
Venres 17 e 24 de abril e 8 de maio, de 18 a 21 h.
Sede da Deputación en Vigo (rúa de Eduardo Chao, 17)
Inscrición: participa.cultura@depo.gal
Impartidos por Rosa García, Cristina Fernández Núñez e Eva Tarrío.
Ler máis →