AWAVES (Atlantic Waves for Advancing Visionary, Equitable and Sustainable Tourism and Heritage)
-
Acronimo:
AWAVES
-
Programa:
Programa “Interreg Espazo Atlántico” 2021-2027
-
Convocatoria:
3.ª convocatoria “Interreg Espazo Atlántico” 2021-2027
-
Fondos:
FEDER
-
Órgano responsable:
Deputación de Pontevedra. Oficina de Proxectos Europeos
-
Socios:
Deputación de Pontevedra (España)
Rede Europea de Rexións para a Aplicación das Tecnoloxías da Comunicación (ERNATC, Irlanda)
Concello de Viana do Castelo (Portugal)
Asociación CCG/ZGDV. Centro de Computación Gráfica (Portugal)
Asociación CORLAB PLUS. Radio BOA (Francia)
Bretagne Culture Diversité/Sevenadurioù (Francia)
Axencia para o Desenvolvemento Cultural nos Azores (ADCA, Portugal)
Universidade de Vigo (España)
Turismo de Galicia (España)
Asociación Arousa Moza (España)

-
Data de inicio:
03/11/2025
-
Data de fin:
03/05/2028
-
Orzamento elixible Depo:
537.621,00 €
-
Subvención concedida Depo:
403.215,75 €
“AWAVES” é un proxecto europeo de cooperación orientado á identificación, valorización e transmisión do patrimonio cultural marítimo do espazo atlántico, especialmente aquel de carácter intanxible e vinculado á memoria colectiva das comunidades costeiras.
O proxecto promove a conexión entre patrimonio, territorio e cidadanía mediante ferramentas dixitais, experiencias inmersivas e actividades participativas que contribúan á conservación e difusión da cultura marítima atlántica. Entre as actuacións previstas, inclúense: a creación de plataformas dixitais, rutas sensoriais, contidos audiovisuais, accións interxeracionais e iniciativas vinculadas ao turismo sostible e á economía azul.
“AWAVES” reúne entidades de España, Portugal, Francia e Irlanda co obxectivo de impulsar un modelo de cooperación cultural innovador, favorecendo o intercambio de coñecemento, a participación das comunidades locais e a valorización do patrimonio marítimo como recurso social, cultural e turístico.
Ligazóns de interese

